QUEN PUIDERA NAMORALA

by - 14:28

         Meu pai, mariñeiro, chegaba cada día do mar e sentábase no sillón antes de irse duchar para estar un ratiño comigo e meu irmán. Esta era a canción que nos cantaba cada día. El cambiaba "meus amigos" por "meus meniños" e, o día que a escoitamos por primeira vez, enfadámonos moito co cantante. Que sacrilexio era ese de cambiar a canción que nos cantaba noso pai"

         Despois da ducha, tumbábase e eu acurrucábame nas pernas, "estou a poñer un ovo na capoeira, papá" lle dicía mentres quedaba a durmir, cansado despois de todo o día fora.




You May Also Like

0 comentarios