A CASA LECTORA
Preséntovos un xogo en galego que fixen para un dos meus nenos, ó que lle encantan as "cousas de medo".
Fai un tempo comezamos a traballar a lectura silábica e, despois das primeiras sílabas, seguimos coa lectura global de palabras. Non me quero meter moito neste tema por aquí (recoméndovos o libro de Marc Monfort: Leer para hablar) xa que a diferencia na ensinanza da lectura nas aulas específicas varía moito en función das dificultades dos nenos. Bueno... e nas aulas ordinarias tamén.
Como xa levamos traballada a M, P, S, T e L, estamos con palabras que leven estas sílabas. Aquí tedes o xogo e un vídeo para que vexades un exemplo. Espero que vos sirva!
XOGO:
Se pinchades nos tres puntiños de abaixo á dereita e lle dades ás frechas podédelo ver en pantalla completa.
VÍDEO:
0 comentarios