A IDADE ANTIGA. MESOPOTAMIA.

by - 10:31

         Hoxe traio un material con dúas partes: unha interactiva e outra para imprimir. Así podemos utilizalo como queiramos.

         Vou explicar a primeira parte: a interactiva. Trátase dun Genial.ly sobre as primeiras civilización: mesopotamia e exipto. Primeiro (dándolle a comezar) atopamos unha breve explicación onde nos introduce as primeiras civilizacións e a historia antiga. Despois podemos optar por ir a Mesopotamie ou a Exipto. De cada civilización (Mesopotamia ou Exipto) imos atopar tres apartados: explicación, recursos (enlaces de interese) e actividades. Todo o que está subido atópase adaptado.

         Se queredes ver a presentación de Genial.ly en grande, só tedes que pinchar nos puntiños de abaixo á dereita e poñelo a pantalla completa.

         As actividades que atopamos son de tres tipos: de clicar (colocar encima o rato do ordenador ou darlle co dedo na tablet) á resposta correcta, de unir (para escribir hai que coller o lápiz na parte superior dereita), ou de poñer enriba (arrastrando co rato ou co dedo os elementos que se movan).

         Ningunha das actividades son autocorrexibles.


         Agora subo os enlaces coas explicacións e os enlaces coas actividades para imprimir, tamén adaptadas e moi parecidas ás que podemos atopar nas actividades online.






You May Also Like

0 comentarios