O XOGO DOS XEADOS
Nas nosas aulas soemos ter moitos nenos/as con dificultades nas funcións executivas e, máis concretamente, na atención. Sen embargo, un dos problemas que me atopo á hora de realizar actividades é a gran diversidade (aula específica) e que, o que poda servirme para un neno, que tamén me sirva para outro. Neste caso, vou subir un material que pode ser usado de varios xeitos dependendo do neno/a co que estemos a traballar. Seguro que a vós tamén se vos ocorren máis.
O xogo non ten moita complicación: unhas plantillas con uns xeados que temos que colocar da mesma maneira. Eu creei dúas plantillas, unha de maior e outra de menor dificultade.
Por un lado podemos xogar a modo competición: quen coloca os xeados correctamente primeiro; tamén competindo contra un mesmo (con tempo); ou simplemente colocando os xeados do mesmo xeito como unha actividade TEACCH máis da nosa aula. Todo dependerá do alumnado que teñades.
Ejemplo de material manipulativo:
0 comentarios